CLUBS DE LECTURA ONLINE

 


Nas seguintes datas reunímonos online para tratar algúns aspectos relacionados con Os nenos da varíola de María Solar:

4ºB da Compañia de María e 1º B do Rego de Trabe

Luns 22 de febreiro ás 11:30


4ºA da Compañia de María e 1º A do Rego de Trabe

Martes 22 de febreiro ás 8:30

 


4ºD da Compañia de María e 1º D do Rego de Trabe

Mércores ás 24 de febreiro ás 13:20

 



 4ºC da Compañia de María e 1º C do Rego de Trabe

Xoves 25 ás 8:30 


A continuación  podedes consultar a guía de preguntas para a posta en común:

1. Gustouche a novela? 

2. Consideras interesante o tema tratado? 

3. Mestura ben a autora o feito histórico e a ficción? 

4. Tiñas coñecemento deste feito? 

5. Sabiades o que era a varíola?

6. Cambiarías algo da historia? 8

7. Pola información que se ten os nenos non foron tratados como lles prometeran e en ocasións acabaron internados en hospicios mal alimentados e peor coidados. Que che parece este desenlace? 

8. A pesar do mal que se portou Tomás, non lle gardan rancor e intentan buscarlle un lugar onde o coiden. Que fariades vós se fósedes Isabel ou  Ezequiel e atopásedes a Tomás nesas condicións? 

9. Ezequiel decide ir ver a Inés para despedirse dela antes de marchar. No camiño atopa a casa onde servía a nena e séntese feliz, por que? 

10.Naquela época, a roupa diferenciaba as persoas, indicaba quen tiña cartos e quen sobrevivía malamente; había xente que se fixaba máis nas aparencias que nas persoas. Cres que iso segue ocorrendo hoxe en día? 

11. Isabel explícalles aos nenos elixidos por que os levan a América e o futuro que lles espera, e as reaccións son diversas: os pequenos amósanse máis ilusionados, e os maiores, máis desconfiados. Por que cres que hai esa diferenza? 

12.Por que cres que a Isabel lle molesta tanto que o doutor se refira aos nenos como “vaciníferos”? 

13.Que che parece a solución de utilizar nenos do hospicio para conservar a vacina durante o traxecto a América? 

14.O doutor Posse era un científico adiantado á súa época, e atopaba moitas dificultades para poñer en práctica eses avances. Busca o diálogo que manteñen o doutor coa irmá Custodia. Que postura che parece máis científica? 

15. A maioría da xente e dos médicos daquela época consideraban os expósitos un refugallo da sociedade. Estes eran algúns dos prexuízos e inxustizas da época. Cres que agora se seguen cometendo inxustizas pro prexuízos na nosa sociedade? (MENAS

16. O índice de mortaldade infantil en España a principios do século XIX estaba en torno ao 50%, pero nos hospicios entre o 70 e o 80% non chegaba a cumprir os dez anos. A que pode ser debida esta diferenza? 

17.Hoxe en día, en España, un 3,2% dos fogares non poden permitirse unha comida de carne, polo, peixe ou equivalente vexetariano tres veces por semana, o que supón que uns 266.055 nenos poderían sufrindo malnutrición. (ACNUR)

 

Entradas populares de este blog

DEBATE ESCOLAR SOBRE AS VACINAS