DEBATE ESCOLAR SOBRE AS VACINAS



Tras a lectura do libro de María Solar, propoñémosvos a seguinte actividade:

Dividide a clase en dous grupos, cada un defenderá unha postura: a favor ou en contra da vacinación, para iso deberedes seguir estas pautas:

1. Preparade previamente o contido, buscade datos e referencias.

2. Dedicade un tempo previo ás intervencións a facer unha posta en común co voso equipo.

3. Debedes respectar as normas do debate:

- Axustarvos ao tempo de cada intervención.

- Ser respectuosos co resto do alumnado e coas súas opinións.

- Respectar o tempo marcado polo/a moderador/a.

4. Cada un/ha de vós fará unha intervención inicial que durará 1 minuto, procurade facer aportacións ao que xa se dixo ou ir rebatendo algunha das ideas xa mencionadas.

5. Tras as exposicións iniciais haberá dous turnos de réplicas para cada equipo cunha duración de 1 minuto cada un.

6. Por último, teredes 3 minutos para facer unha posta en común co voso equipo e escoller un/ha portavoz para facer unha intervención fina de 2 minutos que resuma a vosa postura.

7. Tras finalizar analizade os puntos fortes e febles das vosas intervencións.

Entradas populares de este blog

CLUBS DE LECTURA ONLINE