Entradas

INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS SOBRE AS VACINAS DO ALUMNADO DE BIOLOXÍA

Imagen
Dentro deste proxecto anual, a profesora Nulia Mulet, do Departamento de Bioloxía, fomentou a investigación científica e a creación de traballos expositivos sobre as vacinas. Aquí podedes ver dous exemplos, cuxos autores son Alba Villamor e Hugo Márquez. http://www.edu.xunta.gal/centros/iesregodetrabe/system/files/AS%20VACINAS.pdf   http://www.edu.xunta.gal/centros/iesregodetrabe/system/files/Vacinas.pdf

ENCONTRO ONLINE CON MARÍA SOLAR

Imagen
  A  Editorial Galaxia deunos a oportunidade de poder escoitar á xornalista e escritora María Solar, autora da novela Os nenos da varíola , que serve de punto de partida ao proxecto.  Debido á situación sanitaria e ao elevado número de alumnado e profesorado de ambos os EDLGs participante no proxecto, o encontro foi en rede, mais iso non impediu que fose interesante e interactivo.

CLUBS DE LECTURA ONLINE

Imagen
  Nas seguintes datas reunímonos online para tratar algúns aspectos relacionados con Os nenos da varíola de María Solar: 4ºB da Compañia de María e 1º B do Rego de Trabe Luns 22 de febreiro ás 11:30 4ºA da Compañia de María e 1º A do Rego de Trabe Martes 22 de febreiro ás 8:30   4ºD da Compañia de María e 1º D do Rego de Trabe Mércores ás 24 de febreiro ás 13:20    4ºC da Compañia de María e 1º C do Rego de Trabe Xoves 25 ás 8:30  A continuación  podedes consultar a guía de preguntas para a posta en común: 1. Gustouche a novela?  2. Consideras interesante o tema tratado?  3. Mestura ben a autora o feito histórico e a ficción?  4. Tiñas coñecemento deste feito?  5. Sabiades o que era a varíola? 6. Cambiarías algo da historia? 8 7. Pola información que se ten os nenos non foron tratados como lles prometeran e en ocasións acabaron internados en hospicios mal alimentados e peor coidados. Que che parece este desenlace?  8. A pesar do mal que se portou Tomás, non lle gardan rancor e intent

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imagen
 Esta é a nosa homenaxe a Isabel Zendal, protagonista do libro que deu punto de partida a este proxecto conxunto que rematará o 1 de marzo charlando coa súa autora, María Solar.

FAKE NEWS... OU NON...

Imagen
A estas alturas todas e todos nós temos escoitado falar das fake news e temos oído e lido moitas cuxo tema eran as vacinas.  Para loitar contra a desinformación e para animar a cidadanía a que se blinde ante as fake news que poidan chegar aos seus dispositivos, a Policía Nacional elaborou unha guía con cinco sinxelas pautas: Coñece a fonte da noticia:  "googlear" as mensaxes pode darnos unha rápida resposta sobre a fiabilidade do seu contido. Pode tratarse de noticias antigas, feitos que se esaxeraron ou pseudonoticias. Os perfís ou contas anónimas ás veces son un indicio que nos debe facer desconfiar. En ocasións tamén pode tratarse de robots; observando a súa actividade e os seus seguidores poderás recoñecelos.   Contrasta a noticia : acudir a outros medios nos que confíes ou a fontes oficiais é a forma máis rápida de conseguir unha segunda opinión. Os enlaces a outras webs ou fontes oficiais incluídos na noticia que xustifiquen a información reforzan a súa veracidade.   Ás

DEBATE ESCOLAR SOBRE AS VACINAS

Imagen
Tras a lectura do libro de María Solar, propoñémosvos a seguinte actividade: Dividide a clase en dous grupos, cada un defenderá unha postura: a favor ou en contra da vacinación, para iso deberedes seguir estas pautas: 1. Preparade previamente o contido, buscade datos e referencias. 2. Dedicade un tempo previo ás intervencións a facer unha posta en común co voso equipo. 3. Debedes respectar as normas do debate: - Axustarvos ao tempo de cada intervención. - Ser respectuosos co resto do alumnado e coas súas opinións. - Respectar o tempo marcado polo/a moderador/a. 4. Cada un/ha de vós fará unha intervención inicial que durará 1 minuto, procurade facer aportacións ao que xa se dixo ou ir rebatendo algunha das ideas xa mencionadas. 5. Tras as exposicións iniciais haberá dous turnos de réplicas para cada equipo cunha duración de 1 minuto cada un. 6. Por último, teredes 3 minutos para facer unha posta en común co voso equipo e escoller un/ha portavoz para facer unha intervención fina de 2 min

MES DA CIENCIA EN GALEGO: CHARLA DE NATALIA BARREIRO

Imagen
Velaquí tedes acceso ao vídeo íntegro da charla que Natalia Barreiro ofreceu sobre as  sobre as vacinas e o proxecto de vacina para a COVID 19 no que traballan na USC: