Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

FAKE NEWS... OU NON...

Imagen
A estas alturas todas e todos nós temos escoitado falar das fake news e temos oído e lido moitas cuxo tema eran as vacinas.  Para loitar contra a desinformación e para animar a cidadanía a que se blinde ante as fake news que poidan chegar aos seus dispositivos, a Policía Nacional elaborou unha guía con cinco sinxelas pautas: Coñece a fonte da noticia:  "googlear" as mensaxes pode darnos unha rápida resposta sobre a fiabilidade do seu contido. Pode tratarse de noticias antigas, feitos que se esaxeraron ou pseudonoticias. Os perfís ou contas anónimas ás veces son un indicio que nos debe facer desconfiar. En ocasións tamén pode tratarse de robots; observando a súa actividade e os seus seguidores poderás recoñecelos.   Contrasta a noticia : acudir a outros medios nos que confíes ou a fontes oficiais é a forma máis rápida de conseguir unha segunda opinión. Os enlaces a outras webs ou fontes oficiais incluídos na noticia que xustifiquen a información reforzan a súa veracidade.   Ás

DEBATE ESCOLAR SOBRE AS VACINAS

Imagen
Tras a lectura do libro de María Solar, propoñémosvos a seguinte actividade: Dividide a clase en dous grupos, cada un defenderá unha postura: a favor ou en contra da vacinación, para iso deberedes seguir estas pautas: 1. Preparade previamente o contido, buscade datos e referencias. 2. Dedicade un tempo previo ás intervencións a facer unha posta en común co voso equipo. 3. Debedes respectar as normas do debate: - Axustarvos ao tempo de cada intervención. - Ser respectuosos co resto do alumnado e coas súas opinións. - Respectar o tempo marcado polo/a moderador/a. 4. Cada un/ha de vós fará unha intervención inicial que durará 1 minuto, procurade facer aportacións ao que xa se dixo ou ir rebatendo algunha das ideas xa mencionadas. 5. Tras as exposicións iniciais haberá dous turnos de réplicas para cada equipo cunha duración de 1 minuto cada un. 6. Por último, teredes 3 minutos para facer unha posta en común co voso equipo e escoller un/ha portavoz para facer unha intervención fina de 2 min